Verificación de documentos electrónicos


Benvida/o ao servizo de verificación de documentos do Concello da Coruña.

Os documentos electrónicos xerados no Concello da Coruña inclúen un localizador ou código de verificación electrónica (CVE) que permite contrastar a autenticidade do documento mediante o acceso aos arquivos electrónicos do Concello da Coruña.

O CVE é especialmente útil cando a cidadá ou o cidadán imprimiu o documento electrónico e o presenta ante un terceiro (administración pública, persoa física, persoa xurídica etc.). Deste xeito, este terceiro pode comprobar a veracidade da documentación presentada e que esta non foi alterada. Por tanto, o localizador permite a verificación da integridade da copia dese documento electrónico.